Que significa ser unha persoa con discapacidade ou con diversidade funcional?
A diversidade funcional é unha condición que afecta o nivel de vida dun individuo ou dun grupo. O termo úsase tanto para definir unha deficiencia física ou mental, como a diversidade funcional sensorial, cognitiva ou intelectual, a enfermidade mental ou varios tipos de enfermidades crónicas.
Aquí deixamos recursos audiovisuais para traballar co alumnado
Tamara |
Un mar de cores, conto adaptado por Aulas Galegas indicado para Educación Infantil. Contén tamén actividades |
CONTO EN PDF - ACTIVIDADES PARA DESCARGAR 1 - ACTIVIDADES PARA DESCARGAR 2 |
Ían: curtametraxe que promove a inclusión |
Suceden cousas marabillosas, vídeo sobre o Autismo |
Vídeo para alumnado de 3º a 6º de EP que explica o que son persoas con discapacidade. |
É importante ter presente que as persoas con diversidade funcional, a "minoría máis ampla do mundo", adoitan ter menos oportunidades económicas, peor acceso á educación e taxas de pobreza máis altas. Iso débese principalmente á falta de servizos que lles poidan facilitar a vida (como acceso á información ou ao transporte) e porque teñen menos recursos para defender os seus dereitos. A estes obstáculos cotiáns súmanse a discriminación social e a falta de lexislación adecuada para protexer ás persoas con diversidade funcional.
Unha sociedade é madura e responsable se é quen de incluír a todos os seus membros. Se non é outra cousa.
Para todas aquelas persoas que pensan que as persoas con diversidade funcional non poden facer determinadas cousas... para todas elas aquí tedes un vídeo que nos demostra todo o contrario.