Skip to Content

Ciencias Naturais para 5ºB

CIENCIAS DA NATUREZA 5ºB novo


 

Que tal nenos e nenas de 5ºB? Para estes días plantéxovos rematar a actividade do xardín eterno en relación ós ecosistemas engadindo dúas actividades máis:

 

  1. Facer unha pequena redacción sobre o voso propio proceso de elaboración do xardín, comentando como o construíchedes e engadindo algunha observación do que aconteceu no interior: aparece empañada a parte superior da tapa, as plantas cambiaron a unha cor máis intensa ou máis pálida, mantense todo exactamente igual que o primeiro día, … podedes enviala a musicaeciencias@gmail.com

     

  2. Facer unha representación plástica dun ecosistema. Escollede un tipo de ecosistema acuático ou un tipo de ecosistema terrestre e pensade con que elementos podedes recrealo: papel de embalaxe para facer rochas, bolsas azuis para facer o mar, pedriñas pequenas para algunhas zonas,...empregade a creatividade!! Deixovos algúns videos de YouTube a modo de exemplo, para que vos fagades unha idea inicial:

     

    Maqueta do océano paso a paso: https://www.youtube.com/watch?v=ZKtERCdMNsU

 

Ecosistema marino: https://www.youtube.com/watch?v=eIb4MmIOn7Y

 

Ecosistema terrestre, selva: https://www.youtube.com/watch?v=Awz2JwbNcok

 

Ecosistema terrestre, taiga: https://www.youtube.com/watch?v=J4Kw_OQLU08

 

 

Propóñovos tamén, como traballo para facer ó longo do que queda de curso, a elaboración dun herbario para repasar o tema das plantas. Ó longo do proceso podemos ir comentando cousas e identificando as plantas que vaiades recollendo. Como tedes que elaborar unha ficha para cada planta unha vez que atopedes a información, podedes ir enviándomas a medida que as vaiades facendo para correxir a redacción. Explícovos como facelo a continuación:

 

 

 

ELABORACIÓN DUN HERBARIO CON PLANTAS DA ZONA

 

Imos elaborar un herbario recollendo plantas da nosa zona. Un herbario é unha colección de plantas ou de partes de plantas, secadas, conservadas, identificadas e acompañadas de información como a data de recolección, o hábitat e características da planta.

 

 

Para organizar o traballo, dividirémolo en tres partes:

 

    • Elaboración en formato libro do que será o herbario: tapas, decoración, colocación das páxinas, encanutillado,...

    • Recoleción de especies, secado e inclusión no herbario.

    • Identificación de especies e redacción.

 

 

 

 

Este traballo plantexarémolo para facer ó longo do que queda de curso, estaría ben rematar o libro con polo menos entre 5 e 10 plantas antes de que remate o curso, anque poidades posteriormente engadir máis especies se vos gusta a actividade.

As partes do traballo nomeadas anteriormente non hai que facelas en orde, vaise facendo todo ó mesmo tempo, mentres elaborades o libro podedes ir recollendo plantas e xa clasificándoas e redactando o súa ficha particular. Explicamos un pouquiño cada parte:

 

  1. Elaboración do libro: no seguinte video móstrovos unha idea de como podedes levar a cabo a elaboración do libro, non tedes que facela igual, é simplemente como guía e para ver algúns puntos imprescindibles na elaboración. A ligazón ó video:

 

https://www.youtube.com/watch?v=cP9ahBMGz9g

 

 

  1. Recolección de especies e secado: podedes coller as plantas máis comúns en un principio para coñecer mellor a flora da vosa zona. Para ver cómo secalas de maneira sinxela podedes ver o seguinte video:

     

    https://www.youtube.com/watch?v=vnJWVGWETic

 

 

  1. Identificación de especies e redacción das fichas: unha guía para a elaboración das fichas identificativas das plantas tédela na segunda parte do mesmo video do punto anterior.

     

    https://www.youtube.com/watch?v=vnJWVGWETic

     

     

    Para identificar cada especie e recopilar información sobre as súas características podedes facelo na seguinte ligazón:

     

    https://floradegalicia.wordpress.com/

 

 

Explorade un pouquiño a web para ver como funciona. Ó abrila, aparecerán as últimas especies engadidas, se baixades ata abaixo de todo da páxina vedes que pon á esquerda “Sigue leyendo” , unha vez premedes ahí pasades a ver máis especies e se baixades ata abaixo de novo veredes dúas frechiñas, unha cara a esquerda e outra cara a dereita, e en elas podedes navegar polas distintas páxinas para atopar o voso exemplar. Se lle botades un ollo á web antes de saír a recolectar podedes recolectar plantas que xa teñades localizadas na web, o que vos facilitará o traballo.

 

Se de algunha non atopamos información podemos buscar na web un exemplar semellante e analizar as súas caracteristicas para ver se se corresponden co exemplar recolectado, indicar na ficha que é un exemplar non identificado e que se van engadir características dun exemplar semellante. Espero que vos guste a actividade e empezar a recibir pronto os vosos resustados en musicaeciencias@gmail.com

 

Un saudiño grande.

Alfonso

 

TRABALLO ENVIADO CON ANTERIORIDADE


 

Boas rapaces e rapazas de 5ºB!! Espero que estedes ben e os vosos seres queridos tamén. Para este terceiro trimestre vouvos a propoñer algunhas actividades para entreternos un pouco aprendendo e investigando ó mesmo tempo. A primeira delas é a creación dun “Xardín Eterno”. Durante o primeiro trimestre estudiamos como funcionan os diferentes tipos de ecosistemas, pois ben, propóñovos crear o voso propio ecosistema. Unha vez o teñades creado simplemente teredes que observar o que acontece e non facer ningún tipo de mantemento posterior, aliméntase por si só.

 

A actividade consiste en crear un pequeno xardín dentro dunha botella de vidro sellada cun corcho ou cunha tapa. O xardín vaise autoalimentar gracias ó proceso da fotosíntese, reciclando os nutrientes iniciais e creando o seu propio ecosistema dentro da botella. Os materiais que precisades para poder levalo a cabo son os seguintes:

 

  • Un bote ou botella de vidro con tapa ou corcho.

  • Un pequena porción de grava ou pedriñas pequenas variadas.

  • Un pouco de musgo ou herba que atopedes nas proximidades.

  • Auga

 

Estes son os elementos básicos, pero como non existe un só tipo de xardín eterno, igual que tampouco existe un único tipo de ecosistema, pódense engadir a partir destes outros elementos que contribúan a darlle particularidade ó voso xardín-ecosistema. Déixovos unhas ligazóns para que vexades o proceso básico de creación e algunhas variantes, para que escollades ou mesturedes ideas. Agardo que vos guste!!

 

“Crea tu propio mini-ecosistema” https://www.youtube.com/watch?v=aMMzC5574NA

“Cinco pasos para crear tu propio ecosistema” https://www.youtube.com/watch?v=qcqb2rS1Wzs

 

E un video máis longo onde podedes ver un proceso máis elaborado e do que tamén podedes coller ideas: https://www.youtube.com/watch?v=KeYQzvB6mrA

 

Anímovos a facelo porque se vos sae ben vai a durar para sempre e podedes así crear un bó recordo deste momento.

 

Para estar en contacto durante este terceiro trimetre e ir mostrando os vosos traballos farémolo a través do correo electrónico musicaeciencias@gmail.com . Podedes ir enviando fotos do proceso de elaboración do voso xardín nos próximos días.

 

A modo de repaso do tema mentres elaborades o xardín, podedes consultar e facer as actividades das seguintes páxinas. Se tedes dúbidas, falamos a través da dirección de correo que vos indiquei.

 

REPASO http://agrega.educacion.es/visualizar/es/es_2011103113_9193237/false

 

ACTIVIDADE ECOSISTEMAS ACUÁTICOS http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/2esobiologia/2quincena12/actividades/2b_ecosistemas_acua.htm

 

ACTIVIDADE ECOSISTEMAS TERRESTRES http://recursostic.educacion.es/secundaria/edad/2esobiologia/2quincena12/actividades/q11_biomas.htm

 

Un saudiño ben grande!!

 

Alfonso.



page | by Dr. Radut