Estimadas familias.
Recordámosvos que a Consellería de Educación conta cunha APP para teléfonos móbiles que permite establecer entre o centro e as familias unha canle de comunicación e que facilita a consulta de información académica dos vosos fillos e fillas a través do móbil desde calquera lugar.
Premendo na imaxe de máis abaixo poderedes descargar a aplicación para instalala nos vosos móbiles. Para poder instalala é preciso que o fagades co teléfono móbil que figura nos vosos datos persoais no centro.
Ademais aquí podedes descargar a guía de instalación e manexo
Se tedes atrancos para facelo (ou o número de teléfono está sen actualizar), comunicádeo ao centro no teléfono ou email de contacto para arranxalo.
VÍDEO EXPLICATIVO DE COMO INSTALAR E REXISTRASE
VÍDEO EXPLICATIVO DAS PRINCIPAIS FUNCIONALIDADES DE APP