Skip to Content

IX SEMANA DA POESÍA

O venres 28 de abril tivo lugar no ximnasio escolar o recital da IX semana da poesía. Despois dunha presentación a cargo da directora do colexio e dun visionado de videomontaxe do alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria, produciuse a entrega de premios e recitado de poesías dos gañadores así como a lectura de poemas de autor.

O recital finalizou cunha actuación musical dos alumnos e mestres interpretando entre outros temas a canción Alborada de Uxía e o himno galego.

Premendo neste enlace podedes ver as fotos desta actividade.



page | by Dr. Radut