Skip to Content

Magosto-Samaín.

Como se ven celebrando nestes anos anteriores, o noso centro comemorou o Samaín e o Magosto co alumnado. O pasado xoves os nenos puideron pasar polas aulas multisensoriais do medo onde descubriron sensacións pavorosas a través dos sentidos: olfato, gusto, tacto... e sorpresas que alí apareceron.

Podedes ver algunhas fotos da celebración do Samaín aquí:

 

Tamén celebramos o Magosto o pasado venres 28 de outubro con todo o alumnado do noso centro, repartindo castañas asadas polos mestres do colexio, nunha celebración que disfrutaron todos os nenos e nenas.

Aquí podemos ler a noticia aparecida na prensa do día 3 de novembro.

 

 



page | by Dr. Radut