Skip to Content

Comedor escolar

ACORDO DO CONSELLO DA XUNTA DE GALICIA SOBRE COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

O pasado 15 do mes en curso o Consello da Xunta autorizou o aumento dos complementos e compensacións económicas que perciben os directores e encargados dos centros con comedores de xestión directa, os directores dos centros con comedores de xestión indirecta e os colaboradores voluntarios que realizan tarefas de coidado e vixilancia dos menores comensais.

O incremento afecta ao complemento e á compensación diaria por asistencia efectiva aocomedor escolar e a suma total a percibir trimestralmente por este concepto, a mes vencido, será a resultante de multiplicar durante ese período temporal o número de díasde asistencia efectiva ao comedor, a partir do 1 de outubro do ano en curso, polo importeeconómico fixado en cada caso.

Dito acordo autoriza tamén, de xeito excepcional, no caso de non contar no comedor escolar co número necesario de colaboradores que sexan persoal funcionario e laboral destinado no colexio ou pais e nais, titores legais e acolledores familiares dos alumnos escolarizados nel, a estender aos familiares convivintes, que residan no mesmo domicilio dos menores comensais, a posibilidade de colaborar voluntariamente, nos mesmos termos previstos na lexislación sectorial de aplicación para os restantes colaboradores.

A excepcionalidade desta medida condiciona a súa vixencia, que rematará no momento no que deixen de aplicarse as medidas educativas e sanitarias abordadadas para paliar a pandemia do COVID-19.

 

 

APERTURA DO PRAZO PARA ANOTARSE COMO COLABORADORES NO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020/2021

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DA BARQUEIRA COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2020-2021.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2020-2021, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección do centro,  descargando e cubrindo o impreso que se adxunta.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 10 de setembro de 2020, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2020.

Durante o curso escolar 2020-2021 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

IMPRESO SOLICITUDE

Solicitude comedor escolar

Na seguinte ligazón pódese descargar o formulario para a solicitude do comedor escolar para o vindeiro curso 2020/2021. 

Pódese achegar cuberta e firmada por correo electrónico a ceip.barqueira@edu.xunta.gal ou acordar cita para entrega presencial no centro.

 

 

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Recentemente o noso centro foi seleccionado para participar no programa "O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR". Este programa está desenvolvido pola Consellería do Mar en colaboración coa Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade e ten como obxectivo promocionar o consumo de produtos do mar entre os escolares.


O día 25 de outubro iniciamos este programa coa presentación aos nenos e nenas dunha unidade didáctica na que se lles explica a importancia dunha dieta san na que non pode faltar o peixe. A continuación serviuse no comedor escolar un segundo plato  a base de peixe (albóndigas de xurelo).


Según nos comunicou a empresa de catering, os pratos que se servirán proximamente serán:




  • Día 2 de novembro: croquetas de lirio.


  • Día 4 de novembro: hamburguesa de xurel con pasta e salsa de tomate.

     

Distribuir contido


by Dr. Radut