Skip to Content

5º e 6º de Primaria

Pintando con Canicas (marzo 2014)

 

Os rapaces e rapazas de 3º ciclo de Primaria e os pequen@s de Infantil seguen co seu proxecto de arte.

Esta vez aprenderon unha nova técnica, PINTAR CON CANICAS! Quen o ía dicir...

Aquí tedes unha pequena mostra dos seus traballos... orixinal eh?

 

 

 

PROGRAMA PEQUEVOLEY

Dende fai tres anos, o Consello Superior de Deportes iniciou un programa Nacional de Promoción e axuda ó deporte en idade escolar, cun doble obxectivo: dun lado, recuperar o centro como núcleo de actividades en horario non lectivo e, polo outro, o aumento da práctica física-deportiva ligada a aspectos relacionados coa saúde.

Para o desenvolvemento da Campaña Pequevoley, a Real Federación Española de Voleibol, o Consello Superior de Deportes e as Comunidades Autónomas animan a todos os centros escolares de España a sumarse a ela, acentuando a práctica do Voleibol.

Este curso escolar, o noso centro, incluíuse neste proxecto e desenvolveu, co alumnado do terceiro ciclo, unha unidade didáctica.

Preme nesta foto para continuar vendo imaxes da actividade.

A FLORA DE GALICIA

 

Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria recolleron no seu entorno ramas de árbores, arbustos e herbas típicos da nosa zona. Clasificáronas e formaron con elas un mural que está exposto no patio cuberto do noso colexio.

 

     
     
     
     
     
     
     
     

Distribuir contido


by Dr. Radut