Skip to Content

Entroido "Territorio das Artes"

No ano 2017, as Bibliotecas escolares conmemoran baixo o lema "Territorio das artes", un curso escolar repleto dun mundo tan amplo como é o artístico.

Así, quixemos facer unha pequena homenaxe a todo este mundo creativo e nos puxemos a traballar nos nosos disfraces.

                     

 

               

 

¡¡¡¡¡Traballamos moitísimo!!!!!! Pero mereceu a pena ver o resultado....¡¡¡¡ESTABAN TODOS/AS GUAPÍSIMOS!!!!

Ataviados ata o último detalle, fixemos un desfile no que unha grande parte das nosas familias viñeron a vernos.

Despois do desfile e de mover o esquelete no patio cuberto ó ritmo da música, entramos no comedor a repoñer enerxías e degustar os doces máis ricos do Entroido. Novamente, ¡¡¡MOITAS GRAZAS A TODOS/AS!!!!!

          

 

              

Coas pilas cargadas con tanto doce, volvimos ás aulas a realizar tres obradoiros diferentes polos cales ibamos rotando. Así, decoramos caretas con todo tipo de material artístico, elaboramos flores para posteriormente compoñer unha postal digna dos máis grandes artistas e, finalmente, realizamos un taller de malabares cirquenses divertidísimo.

                   

Novamente, fixemos unha parada para comer e relaxarnos un pouco de tanta actividade, xa que aínda nos quedaba o plato forte....¡¡¡QUEIMAR Ó MECO!!!!    

Creemos que, sen dúbida, foi o máis esperado de todo o día. Por isto, despois do comedor, acudimos a despedir ó Meco que tanto nos fixo traballar, pero o cal, botaremos moito de menos.

Finalmente, os máis maiores do cole, déronnos unha auténtica clase de ZUMBA.

                                                                      

                                       



book | by Dr. Radut