O alumnado de 6º de Educación Primaria que desexe continuar os seus estudos no IES Punta Candieira (Cedeira) deberá cumprimentar o Anexo I da Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013) e entregalo neste centro ata o 15 de Febreiro. Dito anexo está dispoñible na dirección do centro ou pódese descargar aquí.
O obxecto deste procedemento é o de reservar praza no IES adscrito ao noso centro, facendo prevalecer a prioridade do noso alumnado na admisión. Publicada a listaxe definitiva de alumnado admitido e non admitido nese centro (maio), dita reserva terá carácter vinculante, co cal non se poderá solicitar a admisión noutro centro sen renunciar expresamente e por escrito a esta.
O conseguinte procedemento de formalización de matrícula, realizarase no centro de destino no mes de xullo, na forma que alí indiquen.
Calquera dúbida ao respecto atenderase na dirección do centro.