Skip to Content

Día Universal dos Nen@s e Titeremusicontos (20.11.2015) - Día Internacional contra a violencia de xénero (25.11.2015)

 

No día de hoxe celebramos o día universal dos nen@s indo ao Concello de Cerdido, nin máis nin menos que a participar nun pleno municipal, iso si, infantil.

Alí expuxemos as nosas peticións ao alcalde, que amablemente nos invitou a participar desta xuntanza. Estamos segur@s de que algunha das nosas demandas serán tidas en conta, grazas de antemán.

   

Cando rematamos co pleno... tocou investigar e o edificio do Concello foi invadido polos nen@s... Non quedou un recuncho por ver!

   

Pero a xornada non quedou así, xa que máis tarde recibimos a visita do noso amigo Luís Vallecillo, que coma sempre nos impresionou cos seus títeres e as súas cancións tan apegadizas!!

 

Neste día, aproveitamos ademais para manifestar a nosa completa repulsa contra a violencia de xénero.

 

NON Á VIOLENCIA MACHISTA!

 



page | by Dr. Radut