Infórmase aos pais, nais e titores/as legais que queiran matricular ao alumnado de nova incorporación a este centro que deberán entregar a solicitude de admisión entre os días 5 e 17 de abril cumprimentando o ANEXO II (Solicitude de admisión).
Tanto os Anexos como a Orde completa pódende descargar clicando aquí.
INSTRUCIÓNS:
- O prazo de presentación da solicitude de admisión abrangue dende o día 5 ata o 17 de abril, ámbolos dous incluídos.
- A solicitude axustarase ao modelo oficial (anexo II) que poden descargar desde aquí ou recoller na secretaría do centro.
- Xunto coa solicitude de admisión deberán achegar copia do DNI do alumno/a ou copia do libro de familia acreditativo da súa idade.
- Calquera dúbida que teñan ao respecto seralles aclarada pola dirección do centro.