Durante a semana do 26 ao 30 de xaneiro, o alumnado traballou nas aulas contidos relacionados coa educación para a paz. Estes son algunhas das actividades realizadas.
|
|
|
|
|
|
LIBROS PARA PENSAR
O día 30 de xaneiro celebramos o día da paz. Na biblioteca escolar podes atopar unha selección de libros que che farán pensar no importante que é comportarnos ben con todas as persoas que nos rodean.
VEN Á BIBLIOTECA A...
Investigar: o porqué desta data, premios Nobel, citas sobre a paz...
Pensar: para que a paz?
Ler: selección de libros para pensar na paz.
Compartir: as nosas experiencias de paz.
Propoñer: mensaxes de paz.
Imaxinar: un mundo en paz.
ENTRE TODAS E TODOS FAREMOS
UN MUNDO MELLOR.