Skip to Content

EDLG Barouta

O CEIP DE BAROUTA está a colaborar na campaña de sensibilización MODO GALEGO. ACTÍVAO!

Xunto coa Real Academia Galega RAG e o Concello de Ames. Aquí tedes toda a información:
http://modogalego.academia.gal/

Esta campaña desenvolverase desde o 27 de febreiro ao 19 marzo, tempo no que participaremos nas actividades que nos propón a RAG cada semana.

AS CRIANZAS XA ESTÁN ACTIVADAS. AGORA TÓCAVOS A VÓS!

Botade unha ollada a todo o que estamos facendo (vaise actualizando con novos traballos).

RECURSOS MODO GALEGO.ACTÍVAO!
https://drive.google.com/drive/folders/1TjJYhVstkvGxCoPSqlm94rMU8oo_JG0P?usp=share_link

Xardín de Rosalía no CEIP de BAROUTA. Estreo na GALA ROSALÍA 2023.

SÁBADO 25 FEBREIRO ás 19h na Casa da Cultura de Bertamiráns GALA ROSALÍA 2023.

Estrea da montaxe XARDÍN ROSALÍA do CEIP DE BAROUTA

Achégase o 23 de febreiro, DÍA DE ROSALÍA.

No CEIP BAROUTA estamos a preparar unha homenaxe especial que poderedes ver na GALA ROSALÍA 2023 o sábado 25 marzo ás 19 h na Casa da Cultura de Bertamiráns. A entrada é de balde e contará coa participación do alumnado de Ames e coa actuación de NAJLA SHAMI.

Por outra banda compartimos con vós esta escolma de RECURSOS DE ROSALÍA para que gocedes coa nosa autora máis universal.

Tamén vos convidamos a participar na CAMPAÑA # ROSALÍZATE DO CONCELLO DE AMES. Imprime unha carauta rosaliana nos recursos, vai ao photocall da Praza do Concello, tira unha foto e súbea a redes co cancelo #Rosalízate acompañada dalgúns versos de Rosalía. Fai que a súa poesía se espalle polo mundo.

Grazas por colaborar.

 

EDLG DO CEIP DE BAROUTA.

LETRAS GALEGAS 2022-FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Para concluir a semana de LETRAS GALEGAS 2022 en homenaxe a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, puidemos gozar das seguintes actividades:

 

  • Preme AQUÍ para ver SCAPE ROOM FLORENCIO DELGADO: Organizado polo Equipo de Biblioteca para todo o alumnado do centro

 

  • Preme AQUÍ para ver CONCERTO BRAIS DAS HORTAS.Por xentileza do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames.

 

  • Preme AQUÍ para ver CHARLA CON HÉCTOR CAJARAVILLE, autor da obra Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade.

 

Na esperanza de seguir gozando da nosa lingua e das nosas letras durante todo o ano. 

Mil primaveras máis para o galego! EDLG do CEIP DE BAROUTA.

LETRAS GALEGAS 2022-FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

O EDLG de Barouta propúxonos crear poesías en homenaxe a Florencio Delgado inspirándonnos na natureza de Barouta. Deste xeito,inventamos poesías de árbores,animais e ata do monte San Marcos.

Premede na seguinte LIGAZÓN para ver imaxes dos traballos do alumnado.

Co gallo das LETRAS GALEGAS e todas as poesías pareceunos unha boa ocasión para editar o primeiro número especial de BAROUTÓFILAS, unha revista escolar adicada a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN con poesías e artigos de interese para o alumnado.

Se premedes AQUÍ, podedes comezar a lela.

LETRAS GALEGAS 2022-FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Adicamos as nosas letras a FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN, poeta nacido en Córgomo na comarca de Valdeorras. Grande defensor da nosa lingua e cultura polo que foi perseguido durante a Guerra Civil e que o levou a ter que exiliarse ata o seu pasamento.

Nesta LIGAZÓN deixámosvos o VÍDEO-PRESENTACIÓN creado polo EDLG do CEIP DE BAROUTA.

"XARDÍN ROSALÍA"-23 FEBREIRO 2022

Este ano decidimos conmemorar o DÍA DE ROSALÍA coa creación no cole de Barouta dun xardín na súa honra.

Foi un proceso longo pero moi gratificante que comezou cos bosquexos do retrato e do deseño do xardín, coa preparación do mesmo,plantación de pensamentos (flores preferidas da escritora) e coa escritura de poemas e a súa posterior colocación.

Así, o 23 DE FEBREIRO DE 2022 puidemos inaugurar o noso "XARDÍN ROSALÍA"  unha sinceira homenaxe á nosa escritora máis universal.

Na seguinte LIGAZÓN deixámosvos fotografías de todo o proceso.

E nestoutra o VÍDEO INAUGURACIÓN "XARDÍN ROSALÍA"

Agardamos que vos guste tanto coma a nós!

Vídeo-Presentación Florencio Delgado Gurriarán | Letras Galegas 2022

Podedes ver o vídeo subido á nosa canle de Youtube premendo aquí.

 

SAMAÍN

 

FESTA DO OUTONO e SAMAÍN

 

  • LUNS 25 DE OUTUBRO
    Desde o luns poden traer cabazas decoradas para deixar na exposición da entrada principal do Centro (levaranas de volta o venres, se non apodrecen antes)

  • MÉRCORES 27 DE OUTUBRO
    A partir do mércores poden achegar unha presa de castañas cortadas para o magosto do venres

  • VENRES 29 DE OUTUBRO
    Poden vir disfrazadas/os.
Distribuir contido


by Dr. Radut