"XARDÍN ROSALÍA"-23 FEBREIRO 2022
Este ano decidimos conmemorar o DÍA DE ROSALÍA coa creación no cole de Barouta dun xardín na súa honra.
Foi un proceso longo pero moi gratificante que comezou cos bosquexos do retrato e do deseño do xardín, coa preparación do mesmo,plantación de pensamentos (flores preferidas da escritora) e coa escritura de poemas e a súa posterior colocación.
Así, o 23 DE FEBREIRO DE 2022 puidemos inaugurar o noso "XARDÍN ROSALÍA" unha sinceira homenaxe á nosa escritora máis universal.
Na seguinte LIGAZÓN deixámosvos fotografías de todo o proceso.
E nestoutra o VÍDEO INAUGURACIÓN "XARDÍN ROSALÍA"
Agardamos que vos guste tanto coma a nós!
- APIs de Blogue
- 28 lecturas