Skip to Content

Últimas noticias

PFPP 2023-2024: faladoiros pedagóxicos dialóxicos.

Arrancamos en breve co noso PFPP (Plan de Formación do Profesorado en Centros)

Este curso imos traballar a través de faladoiros pedagóxicos dialóxicos. Esta opción vainos permitir reflexionar e debater sobre a temática elixida e a raíz destes encontros ir deseñando unha estratexia específica de formación baseada no consenso. Neste tipo de formación lense libros relevantes e fálase e debátese sobre o texto lido.

A construción colectiva do coñecemento baséase sempre no diálogo igualitario.

Visita de estudos do proxecto Erasmus+ "Inc-leisure"

Visita de estudos do proxecto Erasmus+ "Inc-leisure" ao patio e instalacións do Ceip de Barouta.

Associação Grao Vasco de Viseu- Portugal, OURC Dr Zlatan Sremec, de Skopje-rep. Macedonia do Norte, Asociacion Babilon de Alacant e AMICOS. Para nós foi un pracer ensinar as instalacións e compartir experiencias relacionadas con outros centros.

 

7ª CARREIRA SOLIDARIA | Móvome pola Paz

 

 

Anotade nas vosas axendas!


Volve a normalidade á #CarreiraSolidaria "Móvome pola Paz", con familias, coles convidados... e por suposto a recollida de alimentos para o Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames!


30 de xaneiro de 2023

Xa temos cartaz definitivo con todas as entidades colaboradoras

Moitas grazas polo apoio:

- Anpa San Mauro - Ceip Barouta
- Concellería de Benestar Social do Concello de Ames
- Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
- Bibliotecas Escolares de Galicia
- Addomo Arquitectura Modular
- Librería Lenda
- Cabaniñas do Bosque
- V M Beleza e Benestar
- Galitiming Cronometraxe
- Grafinor
- Cooperativas Lácteas Unidas CLUN
- Frutas Barreiro
- Froiz
- Clinica de Fisioterapia Laura Miguez

- Vainilla & Chocolate CLOTHING
- Tómate más fruta

GRAZAS!

Vémonos o luns 30 ás 12h00!

LEMBRADE que xa podedes depositar no colexio os alimentos non perecedeiros e produtos de primeira necesidade que queirades doar ao Banco Municipal de Alimentos do Concello de Ames.

GALA DE NADAL | Organizada polo Alumnado de 6º EP

Anotade nas vosas axendas!
 
O alumnado de 6º de EP organiza unha Gala de Nadal, para recadar fondos para a excursión de fin de curso, na que contaremos coa actuación especial de Teatro das Maniotas. IES de Brión (a quen aproveitamos para darlle imenso agradecemento pola súa colaboración!)
 

 

Xoves 15 de decembro de 2022
Ás 18h00
Casa da Cultura de Bertamiráns
5€
 

Presentación Candidaturas | Renovación Consello Escolar

PRESENTACIÓN CANDIDATURAS PARA RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Xa podedes presentar as vosas candidaturas para a votación á renovación do Consello Escolar que terá luga o 29 de novembro de 2022. Para iso é preciso que cubrades unha instancia modelo (que podedes atopar no apartado Secretaría > Formularios e Instancias ou picando aquí) e que a enviedes por correo-e a ceip.barouta@edu.xunta.gal ou que a entreguedes físicamente no Centro en horario de Secretaría.

O prazo remata o luns día 21 ás 09h00

 

 

Guadi Galego | Timbre Musical do Mes de Novembro 2022

 

 

GUADI GALEGO

Guadi Galego é a artista galega que non nos cansamos nin cansaremos de escoitar. Un referente musical e vital que neste mes de novembro nos acompaña no timbre musical do CEIP de Barouta e tamén no programa especial que lle adica Radio Barouta.

 

Deixámosvos unha breve presentación da súa bio e máis un programa de radio que preparamos para a ocasión

 

 

 

 

 

 

 

 


 

MAGOSTO | Organizado polo Alumnado de 6º EP

 

Como viña sendo costume antes da Pandemia da COVID-19, o alumnado de 6º EP do CEIP de Barouta organiza un magosto no Campo da Festa do San Amaro de Barouta para recadar fondos para a excursión de fin de curso. 

Agardamos contar con vós!

Venres, 11 de novembro de 2022
Ás 17h00
Campo da Festa do San Amaro (Barouta)

 

BAROUTA METE MEDO... non só no Samaín!

 

 

BAROUTA METE MEDO... non só no Samaín!

 

Estamos moi orgullosas/os do noso Centro por iso queremos seguir mellorando e eliminar esas cousas que "Meten Medo" no CEIP de Barouta, como é:

- O estado dos baños

- As gradas e as árbores con risco de caída no Campo da Horta

- A falta de elementos disuasorios na estrada xeral

- O escaso número de prazas de estacionamento para as familias

- A ausencia dunha pasarela de abrigo para percorrer os 100m desde a escola á zona de autobuses

BarouTubers

 

Presentámosvos... #BarouTubers! 

 

Un proxecto impulsado polo Equipo da #BiblioBarouta como parte do #ClubeDeLectura, que ten como obxectivo principal fomentar a lectura entre o alumnado do CEIP de Barouta. Ademais, traballarán outros aspectos como é a edición de vídeos, o resume de contidos, a busca de información, etc.

 

Pasen e vexan... e lean!

https://youtu.be/BLpgLLkZjGE

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

O 29 de novembro deste ano convócanse eleccións para a renovación dos Consellos Escolares de Centro.

 

A primeira actuación prevista para a organización das Eleccións é facer o sorteo público o 2 de novembro ás 13h00 para designar as persoas titulares e suplentes da Xunta Electoral. Rematado o sorteo enviaráselle citación ás persoas designadas para a constituír a Xunta o día 7 de novembro de 2022 ás 9h00

 

Distribuir contido


by Dr. Radut