Skip to Content

Axudas Material e Fondo Libros | LISTA PROVISIONAL

Desde hoxe está publicada no taboleiro interior de anuncios do colexio a LISTA PROVISIONAL DA SOLICITUDE ED330B AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

LEMBRADE

  1. Esta axuda é só para o alumnado de Ed. Primaria, non para Ed. Infantil.
  2. O alumnado de 1º e 2º non forma parte do Fondo Libros, sí da convocatoria "Axudas Libros" (en caso de ser beneficiarios/as da axuda, recibirán un cheque nominativo para a compra de material e, de ser o caso, outro para libros de texto)
  3. O alumnado de 3º opta á convocatoria de Libros do Fondo do Colexio e ao cheque de material. Este ano os libros deste curso pódense cambiar (faise o cambio cada 6 anos) polo que compraremos ese material novo en setembro.
  4. O alumnado de 4º non usará libro de texto polo, optará á axuda de material escolar.
  5. O alumnado de 5º e 6º non terá libro de texto, formará parte do programa de Educación Dixital da Consellería "E-DIXGAL", e disporá en setembro dun ordenador persoal en réxime de cesión. Optarán ao cheque de axuda para o material escolar.
  6. O reparto de cheques para axuda a material escolar, así como o das Axudas Libros e as existencias novas do Fondo Libros, repartirase en setembro, unha vez feita a adscrición do profesorado (primeiro Claustro do ano académico no que se asigna cada mestra/e a unha titoría)

 

As persoas que presentastes a solicitude de maneira telemática, podedes consultar a resolución a través da aplicación.

 

Contra a presente LISTA PROVISIONAL hai 48h de prazo de reclamación. O xoves día 10 publicarase a LISTA DEFINITIVA

 



page | by Dr. Radut