Skip to Content

ADMISIÓN ALUMNADO 2020/2021 - Publicación Lista Provisional

 

 

Desde hoxe está publicada a LISTA PROVISIONAL DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020/2021 no taboleiro interior de anuncios do colexio. De acordo coas Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o Proceso de Admisión do Alumnado, e coa Lei de Protección de Datos, non podemos publicar nin trasladar información desta lista a través doutro medio.

 

Dada a incomodidade que a consulta presencial pode ocasionar para as familias, máis na situación de Alerta Sanitaria por COVID19, querémosvos trasladar os seguintes datos para a vosa información

 

  • 4º EI. A totalidade de solicitudes presentadas foron admitidas. Non houbo ninguén que solicitase admisión para 4º EI que non obtivese praza.
  • 5º EI. Presentáronse 2 solicitudes pero só había unha praza vacante
  • 1º EP. Presentáronse 2 solicitudes pero non había vacantes, polo que non obteñen praza ningunha das solicitudes presentadas
  • 3º EP. Presentáronse 2 solicitudes pero non había vacantes, polo que non obteñen praza ningunha das solicitudes presentadas
  • 5º EP. Presentouse unha solicitude que obtén praza
  • 6º EP.  Presentouse unha solicitude que non obtén praza por non haber vacante para o curso

 

PRAZO DE RECLAMACIÓN

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

 

 

 



page | by Dr. Radut