Skip to Content

Propostas para a semana do 4/05

Bos días familias!

Enviamos unha proposta de actividades para esta semana. Son as seguintes: 

-Escoitar un conto sobre a primavera:https://www.youtube.com/watch?v=kwCnBYs2QvA

-Aprender vocabulario sobre a primavera nestes vídeos:

3 anos: https://www.youtube.com/watch?v=D4uevmVW_OU

4 anos: https://www.youtube.com/watch?v=J9-hGL9RaZg

5 anos: https://www.youtube.com/watch?v=HDCvWW-NoLQ

Se é posible, podedes recoller algunhas flores dando un  paseo polo campo, xa que con elas faremos as seguintes actividades.

-Actividades de lóxica-matemática. Algúns exemplos son:

Contar cantas flores recolleron.

Facer grupos de 2, 3 ou 4 elementos coas flores ou cos seus pétalos.

Coller tantas flores ou pétalos como se lle piden Posteriormente poden debuxar e escribir o número de flores que lle digades.

Clasificar as flores por cores (facer grupos coas que son iguais)

Facer series coas flores segundo a cor. Por exemplo: violeta-amarela-violeta-amarela

Se non puidérades ir a pasear todas estas actividades, poden facerse con obxectos da casa, como por exemplo tapóns de diferentes envases que teñades gardados ou calquera outro material.

-Actividades de lectoescritura e plástica: debuxar as flores recollidas e escribir ou copiar o seu nome.  Hai que ter en conta as diferenzas de idade onde os máis maiores trazarán mellor pero é importante que o vaian intentando todos para mellorar.

En todos os traballos que fagan o alumnado de 3 anos debe escribir ou copiar o seu nome e o alumnado de 4 e 5 anos escribir o seu nome e copiar a data do día.

A maiores, poden debuxar e escribir ou copiar o nome dalgún insecto que vírades no paseo ou nos enlaces que enviamos.

Tamén podedes buscar no ordenador insectos e flores, especialmente se non puidestes saír a dar un paseo.

-Elaborar un mandala coas flores. Aquí vos deixamos algúns exemplos de mandalas feitos con flores e elementos do medio natural:

 

-Actividades do medio natural: xerminar lentellas ou garabanzos. Para iso podedes coller un vaso de iogur limpo ou outro recipiente, poñer algodón, mollalo con auga e poñer lentellas e/ou garabanzos. Co paso dos días se vedes que o algodón se seca, engadido un pouco máis de auga. 

Rodear no calendario o día no que plantaron as lentellas e os garabanzos. Ir rexistrando diariamente ou cada 2 ou 3 días a evolución: poden escribir cantos días pasaron e debuxalo. Así poderán comprobar e rexistrar o seu crecemento. Poden ir tachando o paso dos días no calendario e incluso buscar o número que lle digades no mesmo calendario. Recordade no caso do alumnado de 3 anos incidir do número  1 ao 3, no alumnado de 4 anos do número 1 ao 6 e no alumnado de 5 anos do número 1 ao 10).

 

 

 

 

-Podedes escoitar cancións sobre a primavera:

A primavera: https://www.youtube.com/watch?v=MuLHfNXP0C8

A primavera de Vivaldi: https://www.youtube.com/watch?v=l4Ad6pZ8vEQ

La primavera ya llegó. Rock infantil: https://www.youtube.com/watch?v=ta980wQglKA

Los sonidos de la primavera: https://www.youtube.com/watch?v=IY1bcIw0cnk

Primavera: https://www.youtube.com/watch?v=eFZsUKt_3g8

Tamén podedes facer actividades interactivas sobre a primavera con conceptos de lóxica-matemática e achegamento á lectoescritura:

http://actividadeslim.blogspot.com/2011/03/xa-esta-aqui-primavera.html

http://actividadeslim.blogspot.com/2012/04/blog-post.html

Escollede algunha destas actividades plásticas sobre a primavera:

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-para-celebrar-la-llegada-de-la-primavera/

https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-de-flores-para-recibir-la-primavera/

Para cantar e bailar deixámosvos “o  xogo da carrasquiña”: https://www.youtube.com/watch?v=CWokcHkxnpg

Coma tódolas semanas, podedes enviar as vosas fotografías con algunhas das actividades. Esperamos que vos gusten e que os nenos e nenas desfruten con elas ao tempo que aprenden e repasan conceptos. 

Xa por último, queremos informarvos de que as titoras de educación infantil  temos pensado realizar unha videoconferencia co noso alumnado este venres ás 5 da tarde para que se poidan ver cos seus compañeiros e compañeiras e para que nos conten que fan e a que xogan estes días. Será un pequeno momento para compartir o vivido. O xoves pola tarde volveremos recordárvolo e enviaremos as instruccións para esa videoconferencia aos vosos correos. Non vos preocupedes porque é sinxelo! Se houbese algún cambio xa vos avisamos. 

Coidádevos moito familias! Moitas grazas e un saúdo.  

 
 


page | by Dr. Radut