Plan Proxecta 2016/2017
No noso centro promocionamos moito o deporte para o fomento dunha vida saudable. Porén, todo deporte debe ir acompañado dunha boa alimentación. Por iso, fixemos un taller de elaboración de pan de millo co alumnado de educación infantil e 1º de educación primaria e unha horta escolar na que participamos todo o centro. Que ricos estaban os produtos da nosa horta! Mmmmmmm