Skip to Content

Libros de texto

FONDO DE LIBROS PRAZOS DE INTERESE.

 

Queridas familias: no seguinte cartel podedes atopar as datas dos distintos prazos relacionados co FONDO DE LIBROS (facede clic sobre a imaxe para vela con maior facilidade).

 

 Os vales dos libros só poderán recollelos os pais nais ou titores legais na secretaría do centro. Poden delegar a súa recollida  noutra persoa, a través da autorización axeitada, que se atopa premendo aquí, ou en documentos adxuntos.

Ante calquera dúbida, seguimos a vosa disposión nos teléfonos habituais do centro.

Un saúdo

A dirección.

LISTAXE DE LIBROS PARA O CURSO 2022 - 2023

Estimadas familas:  no arquivo adxunto, atoparedes a  listaxe de libros definitiva para o vindeiro curso 2022- 2023.  Facede clic na imaxe para acceder ao arquivo con maior facilidade.

 

 

BO VERÁN!!

Un saúdo.

ABERTO O PRAZO DE PARTICIPACIÓN DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 22-23

Estimadas familias: ata o próximo 20 de xuño está aberto O procedemento ED330B  para presentar a solicitude de participación do fondo solidario de libros de texto, as axudas para mercar libros de texto e material escolar. Podededes ver a información premendo nos seguintes enlaces.

LEXISLACIÓN REGULADORA

SOLICITUDE ANEXO I E ANEXO II

RESUMO DA INFORMACIÓN.

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022

 

O 20 de maio publicouse a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo para presentar solicitudes remata o día 22 de xuño de 2021 (este incluido).

 

ORDE DE 6 MAIO DE MAIO DE 2021 (DOG)

 

EXTRACTO DA ORDE DO 6 DE MAIO DE 2021 (DOG) 

 

SOLICITUDE ANEXO I- ANEXO II

Distribuir contido


     

  

by Dr. Radut