Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical, Complementarias, Convivencia E. Infantil

PROXECTO PITIÑOS E ROBÓTICA NA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS

Os pasados días 13 e 14 de abril alumnado de 2º de E Primaria e varias mestras do colexio participaron na III Semana das Ciencias de Ponteareas co proxecto Pitiños: Un proxecto do ovo á galiña, premiado no IV Concurso de traballo por proxectos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. Tamén se participou co proxecto de iniciación á robótica que estamos a aplicar no colexio.

A experiencia foi moi positiva e houbo moita expectación por parte do público asistente a esta Semana das Ciencias.

IX CONVIVENCIA DE EDUCACIÓN INFANTIL

Aquí podes ver imaxes da IX Xornada de convivencia de Educación Infantil, levada a cabo o pasado 10 de xuño.

 

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS FEITOS POLOS ALUMNOS/AS

Nas seguintes imaxes pódense ver os instrumentos feitos con material de refugallo polos alumnos/as do colexio coa colaboración das súas familias.

ÉXITO DO DIA DOS INSTRUMENTOS CELEBRADO NO COLEXIO O VENRES 22 DE MARZO

De grande éxito hai que cualificar o Día dos Instrumentos musicais celebrado no noso colexio o pasado venres 22 de marzo organizado pola profe de Música e no que participaron todos os alumnos e alumnas e mestres/as do Colexio. O alumnado dos diferentes grupos fixeron un percorrido por diversas actividades nas tres primeiras horas do día. Na cuarta hora houbo un concerto no participaron o coro do colexio, un guitarrista eléctrico e un grupo de pandereteiras para que o alumnado escoitara diferentes tipos de instrumentos e de formas de facer música.

Previamente houbo unha exposición de instrumentos feitos polos alumnos e as súas familias con material de refugallo, polo que toda a Comunidade Educativa estuvo implicada nestas actividades.

 

Proximamente colgaremos nesta web imaxes desta actividade na que os alumnos e alumnas gozaron moito.

EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS

Como en anos anteriores dende a aula de Música promoveuse a exposición de instrumentos musicais elaborados polo alumnado do colexio nas súas casas.

 


SAMAÍN - HALLOWEEN

 

Meigas, cabazas, esqueletes, pantasmas, morcegos... o Samaín e o Halloween  fixeron  a  súa aparición un ano máis no noso colexio, facendo as delicias dos máis pequenos.

Durante toda a semana, realizamos actividades relacionadas con estas dúas festas que están íntimamente ligadas, posto que o Halloween, ten a súa orixe na festividade celta do Samaín. ( xogos, cancións, festas de disfraces...)

Os nen@s trouxeron as súas cabazas decoradas e invadiron o colexio, que se converteu nunha auténtica casa do terror. Os corredores, a biblioteca, as clases... tódolos recantos da nosa escola eran escalofriantes...

O último día da semana, houbo un minifestival na hora do recreo no que os rapaces e as rapazas do terceiro ciclo interpretaron a canción de "Thriller" de Michael Jackson e representaron unha pequena obra de teatro. Asimesmo, @s do primeiro ciclo cantaron una canción titulada " Knock, knock, trick or treat".

Por outra banda, os alumn@s do 2º ciclo, elaboraron unas cestas de Halloween nas horas de Plástica das Seccións bilingües.

Esperamos que disfrutedes tanto coma nós vendo as fotos desta terrorífica semana!!

 


1ºC STARRING ... GOLDILOCKS

Click here and you can see the students in 1st grade C singing their class songs from the story of Goldilocks. Have fun!

Preme aquí e poderá ollar ós alumnos e alumnas de 1º C cantando as súas cancións do conto de Riciños de Ouro. Desexamos que lles guste!

 

http://www.box.net/shared/v6hgt6pgbu

http://www.box.net/shared/reob29qmio

Distribuir contido