E. Dinamiz. Ling. Galega

O NOSO COCIÑEIRO

Este semana tivemos o pracer de poder entrevistar a Dimitri o cociñeiro da nosa escola.

 

LETRAS GALEGAS 2023

BO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

Un curso máis celebramos este día con moitas actividades:
Levamos xa un tempo traballando a vida e obra de Francisco Fernández del Riego con fichas e este ano tamén cos Mbots na hora de polos creativos. O luns tivemos a sorte de gozar dun concerto de @sergiotannus.musico e Marta Bravo que nos fixeron bailar e cantar, e o martes fixemos unha carreira pola lingua organizada polos mestres de E.F., Conrado e Jose Ángel para a que tivemos que facer os nosos dorsais decorándoos coa nosa palabra galega favorita. Despois ao chegar á meta, poidemos renovar forzas con froita e auga fresquiña!
VIVA O GALEGO!
#poloscreativos #seminariogalan #amestracris #sergiotannus #letrasgalegas #letrasgalegas2023 #franciscofernándezdelriego

A PITA FALADORA 2023/24 - Nº44

Un ano máis, aproveitamos que hoxe é o Día das Letras Galegas, para publicar a nosa revista. Como xa saberedes, este ano está adicado a Francisco Fernández del Riego.

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 44 (fai clic), e este ano repite o formato integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

Portada revista 2023   Contraportada revista 2023

LETRAS GALEGAS 2023

Como ben todos e todas sabemos, esta semana celébrase o día das letras galegas! Este ano está adicado a Francisco Fernández del Riego, polo que no noso programa de radio investigamos un pouquiño máis sobre el.

 

DÍA DE EUROPA

Con este programa de radio coñeceremos un chisquiño máis en que consiste a celebración do día 9 de Maio, coñecido como día de Europa.

 

CORRELINGUA 2023

NA CASA, NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA! 
Botamos a lingua fóra para reivindicar o galego co #Correlingua!
Xa temos todo preparado para a festa de hoxe en Ponteareas!
O encargado de presentala será Fran Rey e a música poñerana Mekanika Rolling Band!

O ACOSO ESCOLAR

Esta semana o noso programa de radio está adicado ao tema do acoso escolar.

 

DÍA DO LIBRO

Esta semana o noso programa de radio está adicado á semana do libro. Facendo unha pequena investigación sobre este tema.

 

SEMANA DAS CIENCIAS

Esta semana o noso programa de radio está adicado á semana das ciencias. Neste programa os nosos alumnos e alumnas explicarannos cómo realizar un experimento que aprenderon a facer no clube de ciencias da escola.

 

ARTES GALEGAS

Esta semana o noso programa de radio está adicado ao día das Artes Galegas que se celebrará o vindeiro 1 de Abril.

 

 
Distribuir contido