ESTE SÁBADO 3 DE DECEMBRO ACTUACIÓN DO CORO DO COLEXIO EN VIGO

Este sábado 3 de decembro o coro do CEIP Nosa Señora dos Remedios participará no Centro Cultural de NovaGaliciaBanco en Vigo no Festival de vilancicos desta entidade.


Nesta actuación estarán máis de 80 compoñentes do coro, baixo a dirección da mestra Ruth Barros Abalde e co acompañamento ao piano da mestra Cecilia López Louro e vai ser a primeira actuación do coro fóra de Ponteareas. O festival comeza a partires das 12.00 horas.


Estamos seguros de que van facer unha actuación espectacular.


Animámosvos a que acudades a este festival.