ESTE LUNS 22 DE XUÑO ACTOS DE GRADUACIÓN DE E. INFANTIL E DE FINAL DE E. PRIMARIA

Este luns 22 de xuño de 2009 organizáronse no noso Colexio os actos de Graduación de E. Infantil e de Final de Primaria. No acto de E. Infantil acudiron un grande número de pais e nais, sendo agasallados os alumnos/as de 6º de E. Infantil cun Diploma, un pin do cole, un libro da ANPA, así como o birrete e a banda elaborados por un grupo de pais e nais. Resultou altamente emotivo.

No acto de fin da Primaria para o alumnado de 6º que rematou a súa estadía no noso colexio, celebrado a partires das 19.00 horas, foi moita a emoción e a presencia das familias foi moi numerosa.

Houbo actuacións da Orquestra Divertimento, da mezosoprano Iria Cuevas acompañada de Irina Bonkova e dos propios alumnos/as de 6º que representaron A Tía Lambida.

Entregáronselle agasallos aos alumnos/as e fíxose unha homenaxe a unha das titoras que se xubila neste curso.

Agradecemos a colaboración de todos os que axudaron na organización deste acto.

De seguido podes ver dous slides con fotos sobre o acto de 6º: