CONVOCATORIA DE POPI
FESTA NA BIBLIOTECA
Hoxe, na hora do recreo, celebrouse a festa de remate de curso na nosa Biblioteca, previa convocatoria a semana pasada a través da súa mascota Popi.
O dinamizador da Biblioteca, xunto coa súa mascota e algunha axudante, organizou unha festa para todo o alumnado, con música e comilona. Pois a biblioteca pecha as súas portas até o vindeiro curso.
Primeiro tiveron a festa de despedida de curso os rapaces e rapazas de E. Infantil, na hora do seu recreo. Estes rapaces e rapazas fixerono de xeito moi ordenado.
Logo chegoulle o turno aos rapaces e rapazas de Primaria no seu recreo, estaban moi inquedos e non lles daba chegado a hora de que os deixaran pasar.
A festa, como se pode ver na galería de imaxes, resultou todo un éxito. Agardamos que no vindeiro curso estes rapaces e rapazas sigan con tantas ganas de vires a visitar a Biblioteca e a súa mascota, Popi. E....LER MOOOOITO!
MOI BOAS VACACIÓNS!! E NON VOS ESQUEZADES DE LER!!
COS LIBROS PODEMOS VIVIR GRANDES AVENTURAS!!