FLORA EXÓTICA INVASORA
Hoxe os nenos e nenas de 2° e 3° de EP fixeron unha actividade sobre a flora exótica invasora que temos na nosa comunidade, a cargo da asociación #amabul
Aprenderon que especies son invasoras, que perigos conleva telas e como podemos facer para que non se espalle polos nosos ecosistemas.
Amabul é unha organización sen ánimo de lucro que loita por pór en valor o acervo ambiental das comarcas. Procura unha ética ecolóxica entre as súas xentes, tentando ser referente na educación ambiental das mesmas.