PROXECTO DE CIENCIAS DOS CURSOS 1º, 2º, 3º E 4º DE ED. PRIMARIA 1º TRIMESTRE

Neste curso 23-24 tamén quixemos unir o proxecto de centro "Os Xogos Olímpicos" co proxecto de ciencias despois de ver o ben que funcionou o curso pasado. Así que puxemos mans á obra e fixemos a temporalización de contidos relacionándoos cos Xogos Olímpicos.
Neste 1º trimestre dedicamos as Ciencias Sociais ás Leccións do Pasado.
Afondamos na Idade Antiga e en especial na civilización grega como non podía ser doutra forma, ao ser o berce dos XX OO.
Así, @s alumn@s aprenderon que o paso da Prehistoria á Idade Antiga o marca a aparición da escritura, e puideron facer un obradoiro de grego antigo no que aprenderon a escribir os seus nomes coas letras gregas. Tamén aprenderon sobre a vida e costumes da Grecia Antiga e as diferenzas do pasado co presente. Nos distintos andares dos corredores puideron obter información sobre os deportes deses Xogos Olímpicos do pasado: as carreiras de cabalos e de carros e o pentatlón. Ata probaron sorte coa súa puntería e no salto de lonxitude! Tamén tiveron que pasar unha serie de retos para descifrar o nome dun auriga (xinete) famoso: o auriga de Delfos.
Enlazamos ca arte, ao descubrir que moito do que podemos saber do pasado nolo din as fontes históricas, as estatuas, pinturas,... e así poderemos saber a importancia da súa conservación e respectalas.
En Ciencias da Natureza dedicamos o trimestre ao bloque de Materia, forzas e enerxía.
Aprendemos sobre os distintos materiais, a súa orixe, as propiedades... e fixemos experimentos usando o método científico. Para enlazalo cos Xogos Olímpicos fixémolo cos materiais que se usan nos distintos deportes e das medallas. No tema das máquinas simples e compostas as traballamos cos legos en Polos Creativos e tamén aprendemos a súa evolución co paso do tempo e as súas utilidades, identificando as que se usaban no pasado e como foron mellorando nas distintas etapas da historia.
Os nenos e nenas aprenderon moito e a aprendizaxe foi significativa e sobre todo, moi divertida!