COÑECENDO O JIU JITSU
Os pasados días tivemos a oportunidade de descubrir un novo deporte: o Jiu Jitsu!
Enlazado co noso proxecto anual de centro sobre os Xogos Olímpicos, levamos a cabo sesións desta arte marcial con todo o alumnado de primaria nas clases de Ed. Física.
Descubrimos formas de controlar a outra persoa e desfrutamos moito.
Grazas ao club Atenea Grappling pola súa axuda e polo seu tempo.