Proxecto "A cápsula do tempo"

O venres pasado, 8 de outubro, tivo lugar a cerimonia de soterramento da ⏱cápsula do tempo⏱ coa que os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º dan comezo ao proxecto de ciencias do 1º trimestre.
Cada curso elaborou unha carta na que imaxinaron como será o futuro cando cheguen a 6º de Ed. Primaria. Fixeron compromisos de esforzarse en mellorar como estudantes e de coidar o medio ambiente e escribiron desexos que, cando chegue a graduación da súa etapa de Primaria, poderán, por fin, volver ver e comprobar se todo o que imaxinaron e prometeron se fixo realidade.
Durante este trimestre, estes cursos traballaremos conxuntamente "o paso do tempo" cun proxecto común pero adaptado a cada nivel. Trataremos temas como o paso do tempo nas persoas, nos obxectos, o calendario, o reloxo, os inventos, as etapas da Historia...e faremos saídas extraescolares relacionadas co tema.
Tamén faremos exposicións para que poidamos aprender moito uns dos outros. Vai ser mooooooooi divertido!