SORTEO CESTA DE NADAL E TABLETA DIXITAL

AS CONTAS DAS RIFAS

 

RIFAS VENDIDAS 2306, 00 €
PREMIOS -278,00 €
IMPRESIÓN -163,00 €
TOTAL RIFAS
1865,00 €
CALENDARIOS VENDIDOS 218X3 654,00 €
GASTOS IMPRESIÓN 155,00 €
TOTAL CALENDARIOS 499,00 €
TOTAL 2364,00 €

 

 

 

Xa temos rifa gañadora!

Parabéns á afortunada e a Maya de 2º de primaria que foi quen vendeu a rifa!!

 

Venda de rifas para recadar fondos para as excursións de fin de curso de primaria.


Como en anos anteriores á pandemia organizamos esta actividade para o alumnado que voluntariamente queira participar e recadar fondos para axudar a pagar as excursións que se fan a final de curso.


Sortéase unha cesta de nadal para o posuidor da rifa premiada e unha tableta dixital para o alumno/a que venda a rifa gañadora.


Cada alumno/a levará un talonario de 20 rifas para vender a 1€ cada unha. Non é necesario vendelas todas. Cando un alumno/a non vaia a vender máis rifas debe entregar o talonario coas rifas sobrantes e o diñeiro recadado en Secretaría.


Se algún alumno/a vende todas as rifas e quere vender máis pode pedir outro talonario tras entregar o anterior e o diñeiro recadado na secretaría do centro.


O prazo para devolver as rifas e entregar o recadado é ata o luns 19 de decembro.


O sorteo realizarase o día 21 de decembro ante o alumnado do centro e o número será publicado nesta páxina web. Os premios serán entregados o día 22 de decembro.



MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Bases do sorteo galego/castelán

 

CESTA TABLET
 Imaxe da cesta de Nadal

 Tablet


SPC GRAVITY PRO
Tablet con pantalla HD IPS de 10,1 pulgadas con 32GB de almacenamiento interno y 3GB de RAM. Gran autonomía y altavoces duales para una mejor experiencia de uso.

Powered by Drupal - Design by artinet