EXCURSIÓN FIN DE CURSO PRIMARIA

10/06/2019 09:00
10/06/2019 18:00
Europe/Madrid

APRAZADA POLAS PREVISIÓNS METEREOLÓXICAS

 

Este ano iremos o CENTRO DE OCIO ACOUGO.

Dispoñen dun espazo de 40.000 METROS CADRADOS, TOTALMENTE VALADOS, onde gozar de ACTIVIDADES FORMATIVAS, LÚDICAS E DE LECER, preservando en todo momento o privilexiado contorno natural e rural no que se atopa.

máis info

 

DÍA 10 DE XUÑO

SAÍDA ÁS 9:00 E CHEGADA ÁS 18:00 APROXIMADAMENTE.

ENTREGA E RECOLLIDA NO CEIP AS MERCEDES.

 

ACTIVIDADES DA MAÑÁ:

Comezamos cunha busca do tesouro por toda a finca, 40.000 metros cadrados, con temática de fabula de trasnos e biosbardos e seres máxicos, que inclúe percorrer a finca en busca de pistas, interactuar con animais e alimentalos, dándolles aos participantes unha explicación de razas e
comportamento destas así como curiosidades, equilibrio no slackline, paseo en barca e unha tirada en tirolina de 50 metros, todo dentro do xogo para acceder ás pistas.

Almorzo de media mañá sobre as 11:45 – Peza de froita.

Sobre as 12:15, Continuamos coas actividades, ata a hora do xantar.  14.00

Menú (exemplo):

    - Tortilla de patacas e empanada.

    - Xamón serrano, queixo e chourizo.

    - Pan

    - Auga

    - Sobremesa: peza de froita ou iogur.

ACTIVIDADES DA TARDE:

Comezamos as actividades da tarde sobre as 15:15.

Poderán probar equilibrio no slackline, xogar a béisbol, coas pas, con xoguetes, tiro con     arco, rocódromo, xogos diversos de forma libre e faremos xogos cos monitores e monitoras     organizados ata a hora de marchar, tamén visitaran, ACOUTRASBIOS, "Cidade de Trasnos     e Biosbardos".

Plantaremos unha árbore na finca e deixaremos o nome do colexio gravado nun canto rodado o pe do mesmo.

-Inclúe SEGURO DE R.C. E ACCIDENTES

-EQUIPO DE MONITORES.

 

O prezo da excursión ronda os 20/25 € por alumno/a pero grazas a venta de rifas, calendarios e coplas maios tan só pedimos unha colaboración de 2€ por neno/a. Bo traballo rapaces!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet