LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS
LISTAXE PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS LISTAXE DEFINITIVA DE EXCLUÍDOS
PRAZOS FONDO DE LIBROS, AXUDA LIBROS E AXUDA MATERIAL |
DATA |
Presentación da solicitude para participar no fondo de libros, axuda libros e axuda material | Ata o 22 xuño |
Devolución dos libros de texto do fondo de libros en préstamo ou adquiridos co VALE de axuda libros (3º a 6º de educación primaria) | Ata o 16 xuño |
Publicación listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas do FONDO DE LIBROS | 9 xullo |
As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional | 10 e 11 de xullo |
Publicación listaxe definitiva de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas do FONDO DE LIBROS | 13 xullo |
Recollida do vale de AXUDA LIBROS e AXUDA MATERIAL | do 3 ó 7 de xullo ou en setembro |
Recollida dos libros en préstamo do FONDO DE LIBROS | do 3 ó 7 de setembro |
NORMATIVA
Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2018/19, o procedemento ED330B relativo:
a) Á participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2017/18.
b) Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial; así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.
A quen vai dirixido?
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
- Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
- Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e EE, así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
- Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
Obrigas das persoas beneficiarias.
As persoas beneficiarias de libros procedentes do fondo solidario do centro ou de axudas para adquirir libros de texto terán as seguintes obrigas:
Requisitos
1. Ao rematar o curso 2017/18, o alumnado beneficiario de libros de texto ou do material substitutivo dos libros cando sexa reutilizable, tanto se o recibiron do fondo solidario como se o adquiriron coa axuda para libros de texto, deberá devolvelo ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2018/19.
O prazo máximo para devolvelos será o 22 de xuño de 2018.
Prazo
Prazo de presentación: ABERTO
22/05/2018 - 22/06/2018
Documentación para a presentación
- As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
- a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
- b) Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2016, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
- 1º. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- 2º. Certificado ou volante de convivencia.
- 3º. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Forma de presentación.
En convocatorias anteriores a solicitude podíase presentar presencialmente no centro ou en calquera en calquera do lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.
Na convocatoria actual os cidadán poderán, ademais, realizar a solicitude accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:
- Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicación e o centro pode recuperala).
- Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.