ENCONTROS CO AUTOR

09/03/2018 09:30
Europe/Madrid

A actividade consiste na dotación, por parte da Concellería de Educación, dos libros seleccionados para este curso, para a súa lectura na aula e logo teremos o encontro co autor do título lido.
É requisito imprescindible participar nas dúas partes da actividade: a dotación de libros farase co compromiso do profesorado para acudir no día do encontro co autor (que se levará a cabo fora do centro escolar).

Obxectivos

• Poñer en contacto directo aos escolares cos escritores  e ilustradores.
• Dar a coñecer de preto o traballo dun escritor e ilustrador.

Destinatarios/as
Alumnos e alumnas de 5.º curso de Educación Primaria.

Periodización

Os libros serán entregados en decembro e o encontro co autor será a finais de xaneiro.

Achegas da concellería
• Un exemplar do libro escollido a cada alumno/a.

máis info

Powered by Drupal - Design by artinet