Como cada ano, seguimos mantendo a tradición e facemos un desfile de entroido polas rúas de Ourense para celebrar esta importantísima festa na nosa provincia.
O desfile será o venres día 9 de febreiro, a saída está prevista para as 12:00 da mañá e o regreso sobre as 13:30. A actividade pode ser cambiada de data ou suspendida en caso de mal tempo.
Faremos o recorrido de todos os anos (ver mapa do recorrido) con parada nas escaleiras da catedral para facer a foto de grupo.
Ó rematar TODOS OS NENOS E NENAS entrarán no cole, a saída será á hora de sempre.
Pedimos a vosa colaboración para que todo funcione correctamente:
- Desfilan os nenos/as, non os pais/nais, se ides collidos da man dos vosos fillos/as dificultades a nosa labor de control das filas e dos grupos.
- Podedes acompañar o desfile pero non ocupar o espazo destinado ós nenos/nenas.
- Tanto na saída como nas escaleiras da catedral faremos "sesión fotográfica" pero poremos unha cinta que non se deberá traspasar para poder facer fotos de grupo sen molestarnos uns a outros.
- O respecto por estas normas favorecerá o bo desenrolo da actividade e que se repita no tempo.
AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN