SAMAIN/HALLOWEEN E MAGOSTO

30/10/2017
10/11/2017
Europe/Madrid

Do 30 de outubro ó 10 de novembro levaremos a cabo varias actividades para celebrar as festas de Samaín/Halloween e o Magosto

 


• Exposición de cabazas terroríficas e castañas disfrazadas


O luns 30 de outubro, todas as familias que desexen participar deberán traer unha cabaza decorada, canto máis terrorífica mellor e/ou unha castaña disfrazada. Exporémolas no escenario do centro. Ó rematar a exposición cada un levará a súa obra para casa polo que é moi importante que veñan identificadas co nome e o curso.


• Relatos de Samaín


Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, realizarán relatos de medo coas temáticas relacionadas co Samaín. Despois contaránllelos ós seus compañeiros nunha sesión de contacontos que levaremos a cabo na Biblioteca do centro.


• MAGOSTO


Pedimos a todos os alumnos/as do centro que traian unhas poucas castañas CUN PEQUENO CORTE PARA QUE NON ESTOUPEN Ó ASALAS a partir do luns día 6 de novembro e ata o xoves 9.

O VENRES 10 celebraremos o magosto. Asaremos e comeremos castañas, tamén comeremos bolos preñados (CON CHOURIZO) e beberemos auga. Os alumnos non é preciso que traian nada de comer nin de beber, agás aqueles que por motivos de saúde non poidan tomar algunha das cousas antes mencionadas. Existe a posibilidade de pedir menú sen glute e menú sen porco. Para este cambio ou calquera outro aspecto a ter en conta deberedes comunicarllo ó titor/a do voso fillo/a.

Powered by Drupal - Design by artinet