VISITA Ó CASTRO DE SAN CIBRAO DE LAS
ALUMNOS/AS DE 5º E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Data: 1 de xuño
Prezo: 6 € (Inclúe transporte e visita)
Apuntarse antes do xoves 25 de maio.
O horario de clase será o habitual de 9 a 14 horas para todos os alumnos/as. Os nenos/as que non vaian á excursión manterán as rutinas escolares cunha mestra de infaltil como un día normal.
Relizaremos as seguintes actividades:
PROGRAMA COMPLETO: inclúe o acceso ó Parque, a visita guiada pola exposición, a visita guiada polo xacemento e un obradoiro que se describe a continuación.
Duración aproximada: 2 horas e 30 minutos.
OBRADOIRO: PAN DE LANDRA
Unha pouca auga, uns grans de sal, fariña de landras, o forno quente e...Voilà, todo preparado! Só nos faltas ti, un bo cociñeiro que amase e prepare o saboroso pan de landras polo que devecían os castrexos. Este obradoiro ten a finalidade de dar a coñecer unha das bases fundamentais da alimentación castrexa: a agricultura. Dunha maneira didáctica e amena as rapazas e rapaces coñecerán de primeira man o proceso de transformación do cereal, participando na elaboración dun dos alimentos máis coñecidos da dieta castrexa, o pan.
RECOMENDACIÓNS XERAIS
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa creouse para uso e goce de todos, por iso é necesario conservar e protexer o castro de San Cibrao de Las e garantir a súa preservación para as xeracións futuras, tarefa na que todos estamos involucrados. Por isto é imprescindible seguir algunhas normas á hora de visitalo:
Para a visita:
- Levar calzado e roupa cómodos.
- Levar unha gorra no caso de que faga sol ou un chuvasqueiro en caso de choiva.
- Deixar as pertenzas non imprescindibles no gardarroupa.
- Levar auga (pois non hai fontes no percorrido).
- Non subirse ós muros pola súa propia seguridade.
No Centro de Interpretación:
- Non está permitido tomar imaxes (fotográficas nin de vídeo).
- Os teléfonos móbiles deben permanecer desconectados durante a visita.
- Non está permitida a entrada de animais, agás cans-guía.
- Non está permitido consumir comidas nin bebidas no interior, agás nos lugares habilitados para ese fin.
No castro:
- O castro está protexido por lei e calquera dano sobre el será sancionado.
- Non está permitido recoller material arqueolóxico do recinto.
- Non saírse dos camiños e plataformas habilitadas para a visita ó longo do percorrido.
- Non tirar lixo, nin ningún outro obxecto que poida danar a contorna.