NADAL 2016

Aquí están algunhas das actividades que fixemos no centro para rematar este primeiro trimestre:

 

Paseo polas rúas de Ourense, os máis pequenos do cole saíron a ver a decoración que o concello puxo nalgunhas zonas céntricas da nosa cidade.

 

 

Concurso/sorteo de Nadal.

Un ano máis, en colaboración coa ANPA "Pía da Casca", os nenos e nenas do noso centro fixeron debuxos, frases e relatos curtos para expresar do seu xeito o que representa esta época do ano para eles. Aquí podedes ver algúns deses traballos

 

 

Visita Papa Nöel

Tamén este ano recibimos a visita de Papa Nöel, que invitado pola ANPA "Pía da Casca" repartiu agasallos por todas as aulas e ademais sorteou algúns premios moi interesantes como premio ós traballos realizados por todos os alumnos durante este primeiro trimestre do ano.

 

 

Festival de Nadal

Outro acontecemento importante nestas datas é o festival de Nadal, que se segue levando a cabo ano tras ano grazas ó esforzo dos nenos e nenas e o traballo do profesorado.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet