Na semana do 24 ó 28 de outubro realizaremos no centro diferentes actividades co motivo do día da Biblioteca e o Samaín/Halloween.
O día 27 a biblioteca converterase no escenario onde se farán contacontos, un guiñol... e estará ambientada para que os nenos e nenas vivan o Samaín.
Atención, a pesar das distintas actividades, unha parte da xornada será de clases, polo que os alumnos non poderán vir disfrazados nin pintados.
- Elaboración de bonecos lectores
Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º, co motivo da celebración do día da Biblioteca, elaborarán os bonecos lectores na materia de plástica e lingua. Cada boneco leva nas súas mans un conto inventado por cada neno. Serán expostos no mural da biblioteca.
- Exposición de cabazas terroríficas
Durante a semana do 24 ó 27, faremos unha exposición de cabazas. Os nenos e nenas traerán da casa a súa cabaza decorada, canto máis terrorífica mellor. Exporémolas no escenario do centro. Podedes traer as cabazas a partir do luns 24 e ata o xoves 27, día en que se farán as actividades. O venres 28 cada un levará a súa para casa polo que é moi importante que veñan identificadas co nome e o curso.
- Concurso de contos de Samaín
Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, participarán nun concurso de relatos de medo por parellas. Os gañadores, o día 27 xoves, contaránllelos ós seus compañeiros nunha sesión de contacontos que levaremos a cabo na Biblioteca do centro.
- Títeres
Ademais, tamén o día 27 na Biblioteca, os alumnos de sexto representarán o guiñol “A cachiporra máxica”.