EXCURSIÓN FIN DE CURSO PRIMARIA

Fervenzaventura

Moi preto da fervenza máis alta de Galicia, a “Fervenza do Toxa” e a 50 minutos de Ourense, está Fervenzaventura, onde os alumnos de Primaria poderán gozar en plena natureza de actividades de aventura, educación ambiental e granxa escola.

1º e 2º Educación Primaria 3º e 4º Educación Primaria 5º e 6º Educación Primaria
Animais da granxa e horto ecolóxico Segredos do bosque Escalada en Rocódromo e tirolina
Obradoiro de pan Seguindo as pegadas Tiro con arco
COMIDA (Cada alumno/a levará de casa a súa comida para xatar ó mediodía)
Xogos Populares Xogos Populares Orientación con GPS

Máis Info

 

O prezo da excursión é de 24€ por persoa, 19€ da entrada máis 5€ para axudar a pagar o autobús.
 

Data límite para apuntarse: martes 14 de xuño de 2016.

 

O horario será o seguinte:

Entrada ó centro ás 9:00 como un día normal, colleremos o autobús ás 9:30 diante do Hotel Francisco II e estaremos de volta sobre ás 18:30 horas.

IMPORTANTE: A entrega e recollida dos nenos farase no centro.

 

Que hai que traer:

 - A comida para xantar ó mediodía (O CENTRO LEVARÁ AUGA PARA TODOS).

 - Roupa cómoda e calzado apropiado.

 - Chuvasqueiro e/ou gorra en caso preciso.

 

_________________________________________________________________________________________

A excursión é de carecter voluntario. O centro funcionará no seu horario habitual para atender ós nenos e nenas de Educación Infantil e a todos os alumnos e alumnas de primaria que non se apunten a dita excursión.

 

Powered by Drupal - Design by artinet