EXCURSIÓN FAMILIAR " A APAÑAR COGUMELOS" 5ª EDICIÓN.
A ANPA do centro organiza o vindeiro sábado, día 9 de novembro unha excursión a Montecelo (Nogueira de Ramuín), guiada polo micólogo, José Luis Rico Simal, da Asociación Micolóxica "Os Cogordos".
En dita excursión levarase a cabo unha recollida de cogumelos, xantar dos mesmos e celebración dun magosto. Esta actividade levarase a cabo ao aire libre ou baixo teito, dependendo do día.
_Cada neno irá acompañado por un adulto.
_Cada adulto pagará 5 eur. (nenos gratis) para o xantar unha vez rematada a recollida de cogumelos.
_Saída ás 9:30 da mañá, do aparcamento preto do colexio. O regreso ao centro será sobre as 17:30 horas.
_Recoméndase levar roupa cómoda e abrigosa e calzado axeitado para andar polo monte.
Interesados: encher unha folla de inscrición que se pedirá a Loli (monitora) xunto cos 5 eur. e antes do mércores,6 de novembro.