Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Marzo 20, 2018
Start: 20/03/2018 10:00

APRAZADA POLO MAL TEMPO  (NOVA DATA: 20/03/2018)

 

Alumnado de 3º e 6º de primaria.

Charla informativa sobre o respecto ó medio ambiente e prevención de incendios a cargo de axentes forestais de medio rural. Despois faremos unha visita ás instalacións do punto de vixiancia antiincendios e da base do helicóptero sitos no monte do Castro de Trelle.

Venres Abril 13, 2018
Start: 13/04/2018 10:00

Alumnado de 3º de educación primaria, venres 13 de abril no propio centro

Da man das personaxes de Aqualoxía, un monitor/a iniciará ao alumnado no coñecemento da auga da nosa cidade mediante recursos educativos dixitais e interactivos.

O alumnado realizará actividades prácticas onde son parte activa no desenvolvemento dun conto, xogan a descubrir o consumo da auga, descobren a rede de transporte de augas, practican a xestión da auga dunha cidade, ou reflexionan sobre cómo evitar que se manche a auga, experimentando técnicas de laboratorio para analizar e limpar a auga.

 

máis info

Mércores Abril 18, 2018

Alumnado de 5º e 6º de educación primaria, o mércores 18 no Liceo

“Ubú Teatro, tras adaptar o pasado ano A galiña azul de Carlos Casares, volven levar aos escenarios da man de Galaxia unha obra da figura á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio. Desta volta será a historia do can Leonardo, Antón e os seus compañeiros de curso, os fontaneiros, galardoada en 1985 co 3º Premio Barco de Vapor."

máis info

Powered by Drupal - Design by artinet