Eventos
Os Alumnos de Infantil e os de 1º a 4º de primaria recibirán a visita de Iago López, que ven a contarnos o seu conto "O cociñeiro Martiño".
CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ
O luns, 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día da Paz.
Ao longo desta semana todos os alumnos están participando na elaboración de dous grandes murais: “Un mar de mensaxes de paz” e “Unha gran pomba da paz”.
O luns todos xuntos no patio cantaremos e bailaremos a canción: “Hecho con tus sueños”.
Os alumnos deben vir cunha, camisa, polo, camiseta... de cor branco. Moitas grazas pola vosa colaboración.
Entre as actividades relacionadas co día da paz, Gael e Hugo, de 6º de primaria, fixeron esta fermosa presentación en PowerPoint sobre Mahatma Gandi.
O mércores día 1 de febreiro, os alumnos de 5º de educación primaria teñen cita na policía Local de ourense
Os alumnos de 5º de primaria participan na actividade encontros co autor.
A actividade consiste na dotación, por parte da Concellería de Educación, dos libros seleccionados para este curso, para a súa lectura na aula e logo teremos o encontro co autor do título lido
Alumnos de 3º e 4º de EP.
"Dentro de la programación para Escolares Afundación, llega a Ourense Sandra e Meirol en Xistralia, de Gaiteiros da Xistra. Música popular y teatro en gallego para 3º y 4º de primaria.
Meirol, un amigo, un músico, un caracol, acompañará a Sandra en un viaje lleno de sorpresas y obstáculos. Ambos jugarán con los instrumentos musicales tradicionales y con los Fastudos, conocerán a un nuevo mundo mágico donde conviven meigas y dragones, cantarán y bailarán al son de muñeiras, jotas o pasacalles, y hasta la propia Sandra estará a punto de ser raptada por Terco, el malvado dragón de dos cabezas."
Alumnos/as 2º e 4º de primaria
Obradoiros de confección de mecos nos centros de ensino impartidos por persoal especializado e posterior actividade na Praza Maior ( Celebración do Xoves de compadres e comadres)
Durante as semanas previas ao entroido, monitores especializados desprazaranse aos centros que solicitaron esta actividade a través da páxina web e levarán o material necesario para confeccionar os mecos de compadres e as comadres.
O día 16 de febreiro ás 11.30h levarase a cabo as loitas que son a segunda parte desta actividade na Praza Maior.
Como cada ano, seguimos mantendo a tradición e facemos un desfile de entroido polas rúas de Ourense para celebrar esta importantísima festa na nosa provincia.
O desfile será o venres día 24 de febreiro, a saída está prevista para as 12:00 da mañá e o regreso sobre as 13:30. A actividade pode ser cambiada de data ou suspendida en caso de mal tempo.
Faremos o recorrido de todos os anos con parada nas escaleiras da catedral para facer a foto de grupo.
Ó rematar TODOS OS NENOS E NENAS entrarán no cole, a saída será á hora de sempre.
Pedimos a vosa colaboración para que todo funcione correctamente:
- Desfilan os nenos/as, non os pais/nais, se ides collidos da man dos vosos fillos/as dificultades a nosa labor de control das filas e dos grupos.
- Podedes acompañar o desfile pero non ocupar o espazo destinado ós nenos/nenas.
- Tanto na saída como nas escaleiras da catedral faremos "sesión fotográfica" pero poremos unha cinta que non se deberá traspasar para poder facer fotos de grupo sen molestarnos uns a outros.
- O respecto por estas normas favorecerá o bo desenrolo da actividade e que se repita no tempo.
AGRADECEMOS MOITO A VOSA COLABORACIÓN