A clase de Infantil
Neste mes de setembro levamos a cabo dúas experiencias moi relacionadas coa nosa contorna:
-Por un lado fixemos un rico zume con uvas que os nenos/as trouxeron das súas casas. Este taller permitiunos estimular os diferentes sentidos, especialmente o olfacto, o tacto e o gusto.
-Por outro lado como xa é habitual dende fai uns anos, acompañamos a Manuel e a Julia a esfollar o millo. Grazas a esta actividade podemos levar ó cole mazorcas que despois empregaremos para diferentes fins: traballar a motricidade fina debullando ou collendo grans coa pinza, contar grans, clasificalos, agrupalos...
FORON DÚAS EXPERIENCIAS MOI DIVERTIDAS!