Responder ó comentario
ALUMNADO:
O alumnado que debe tramitar a admisión e solicitar un posto escolar neste proceso será:
- Aqueles que acceden por primeira vez (alumnado que se incorpora a 4º de Educación Infantil)
- Aqueles que cambian de etapa e non continúan os seus estudos no centro adscrito (alumnado de 6º de Educación Primaria que non continúe no CPI Mosteiro, no noso caso; ou que non fixera a reserva de praza neste).
- Alumnado sen escolarizar para calquera dos cursos de Educación Infantil ou para 1º de Educación Primaria
- Alumnado que desexe cambiar de centro educativo.
IMPORTANTE:
- O alumnado actualmente matriculado no centro ten asegurada a súa praza para o vindeiro curso, polo que NON requerirá un novo proceso de admisión.
INFORMACIÓN DE INTERÉS:
- A solicitude de admisión deberá ir acompañada da documentación indicada no PDF adxunto a esta publicación.
- Esta solicitude, así como a documentación, presentarase no centro no que solicite praza en primeiro lugar (cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude, e nesa mesma solicitude poderanse elixir ata 6 centros, por orde de preferencia; a infracción por presentar varias solicitudes en distintos centros determinará a perda dos dereitos de prioridade que podan corresponderlle) ou por Sede Electrónica.
- Para descargar o impreso e para máis información consulte a aplicación: ADMISIÓN ALUMNADO
- Para máis información contacte co centro ou consulte o seguinte enlace: INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN
- Lexislación en relación co procedemento: Decreto 13/2022 do 3 de febreiro , Orde do 12 de marzo do 2013 , Orde do 25 de xaneiro do 2017 e a Orde do 18 de decembro do 2020.
DATAS DE INTERÉS:
- Prazo de admisión: do 1 ao 21 de marzo do 2022.
- Publicación de listaxes provisionais: antes do 25 de abril (5 días hábiles para reclamacións dende a data de publicación).
- Publicación de listaxes definitivas: antes do 15 de maio.
- Formalización da matrícula: entre o 20 e o 30 de xuño do 2022.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ADMISIÓN E MATRICULACIÓN PARA CURSO 22-23.pdf | 128.94 KB |