Concerto da escola de Música de Vilalba
Hoxe, os nenos e nenas do noso centro, desfrutaron dun concerto da man da Escola de Música de Vilalba.
Agradecemos a actividade e a iniciativa.
Deixámosvos un resumo no seguinte enlace.
https://www.canva.com/design/DAFMUO7Glag/ttRwKuXCKOARw_1RSJ8aBw/watch?ut...
Excursión 5º e 6º
O noso alumnado de 5º e 6º sairon durante a xornada de hoxe para celebrar o final de curso e o final dunha longa etapa no cole. Nada máis e nada menos que 9 anos xunto cos seus compañeiros e compañeiras Aquilinitos.
Este foi o seu día.
Deixámosovos un resumo do seu día.
https://www.canva.com/design/DAFDNBLN10w/HIphpAcP-fgIlrdT3QZdJA/watch?ut...
Aquilinitos pola costa
Durante a xornada de hoxe os Aquilinitos abandonaron Abadín para ir á costa de Lugo a desfrutar non só do bo tempo senón tamén para coñecer lugares que enriquecen as súas aprendizaxes. Deixámosvos un resumo da súa viaxe no enlace que tedes debaixo.
https://www.canva.com/design/DAFDGlbU3a8/D_7_gKGNlLIJ8rz2THANVg/watch?ut...
Mariña Visión
Desde o EDLG do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, propuxeron celebrar o noso propio festival de Eurovisión, MariñaVisión, coa finalidade de trasladar a cultura e música galega á nosa comunidade.
Quería que fose un festival intercentros no que participaramos diferentes colexios da zona, polo que nos convidaron e aquí podedes ver o resultado!
Fondo Libros e material escolar
Benqueridas familias, durante estes días enviaranse os anexos correspondentes á solicitude para o Fondo libros e material escolar para o vindeiro curso 2022-2023.
Recordade que tedes que devolver, no mesmo estado en que se vos entregaron, os libros que ten o alumnado (informaravos o profesorado de devandita entrega).
Podedes ler no anexo seguinte as condicións desta axuda.
Concurso de Redacción da festa da filloa de Muimenta
A nosa alumna de 4º de Educación Primaria, Eva Cabado Fernández, recibiu a semana pasada o premio de redacción que convoca cada ano Muimenta para festexar a festa da filloa.
Noraboa Eva polo traballo ben feito.
Admisión curso 2022-2023
Todas as solicitudes de admisión para o vindeiro curso foronon publicadas como admitidas despois de darvos a listaxe provisional para a súa revisión durante o periodo provisional.
Se necesitades revisar algo máis, pasade polo centro, estarán publicadas dentro do mesmo para protexer os datos de carácter sensible de todos e todas.
Recordade que o período de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Pasiño a Pasiño faremos o noso Camiño
Durante esta semana os nenos e nenas de Infantil escaparon con Claudia e Trasno para coñecer a casa do Ratiño Pérez e facer un tramo do Camiño de Santiago que pasa por Vilaba.
Deixámosvos un pequeno resumo da súa viaxe.
https://www.canva.com/design/DAFAZoJE1Dw/TXPs7uKi5TzckSylmsadLQ/watch?ut...
Inlcúe-T
Esta semana disfrutamos da presencia de Enki no centro. Dentro dos Contrato Programa estamos no Inclúe-t para aproximar ao alumnado á diversidade presente na nosa sociedade.
Durante esta xornada, o alumnado, aprendeu unhas nocións básicas sobre a Lingua de Signos e o Braille.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra, pinchade no enlace e vede o pequeno resumo.
https://www.canva.com/design/DAE__2UkZME/watch?utm_content=DAE__2UkZME&u...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »