Benvida
Benvidos/as ao sitio Web do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín
CASTAÑAS+XOGOS= MAGOSTO
O venres 8 de outubro celebramos un curso máis a festa do magosto no cole.
Contamos con castañas asadas que as nosas nenas e nenos disfrutaron despois do recreo, gracias a todas as familias que nos trouxeron este froito típico do outono.
E por útlimo fixemos os xogos do magosto, como ameazaba chuvia fixémolos dentro pero pasámolo xenial.
Aqui vos deixamos un vídeo para que vexades un pouco como nos foi.
Taller de Hervé Tullet en directo a través de YOUTUBE
O pasado 8 de outubro os pequenos de educación infantil gozaron dun taller en directo con un artísta referente HERVÉ TULLET.
Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto que se leva a cabo na escola dende a biblioteca do centro .
Puidemos ver en directo a HERVÉ a través da aplicación YOUTUBE
.
PREME NA IMAXE PARA VER UN PEQUENO RESUME
Proxecto PIRATAS Curso 2024/2025
Día da familia: A familia que se escolle
O pasado 15 de maio celebramos unha xornada compartida coa nosa comunidade educativa.
O noso alumnado, profesorado, nais e pais e parte dos usuarios do centro de Día de Abadín celebramos o primeiro encontro das Familias que se escollen.
Como invitados tivemos a sorte de contar con XOTRAMU e algún que outro taller de manualidades así como o Karaoke que montaron a nosa Teacher coa auxiliar de conversa.
Tedes a continuación un vídeo resumo de todas as actividades que realizamos premendo na seguinte imaxe.
Aproxímase o Día da Familia
O vindeiro 15 de maio celébraremos o día da Familia. O centro volve abrir as súas portas para recibirvos, para recibir a unha parte fundamental da nosa comunidade educativa.
Se queredes asistir durante este día a celebralo con nós avisade a/ao vosa/o titor/a para poder distribuirnos da mellor maneira posible.
Semana do Libro 2024
Se coa lectura queres disfrutar accede á nosa biblioteca de Lerflix ou del Ler+ para todos os cursos. Premede na imaxe e escollede o voso curso.
Boa Viaxe a través dos libros.