DEPORTES ALTERNATIVOS: O COLPBOL

Durante este curso, introducimos o Colpbol como un deporte que parte da igualdade entre xéneros e cuxo principal obxectivo é o disfrute e a aprendizaxe de valores asociados a actividade física, deixando a competitividade e individualidade nun segundo plano.

Aquí podedes ver un pequeno exemplo das súas normas e xestos técnicos máis báicos. 

Saída a Ribadeo

Etiquetas :

Aquí tedes unhas imaxes da nosa saída a Ribadeo.

Infantil e 1º de Primaria gozaron de unha mañá de cine, paseo,  e Merenda no Parque da Praza de España de Ribadeo.

Premios MOEXMU 2023

Etiquetas :

Este pasado luns, en Muimenta, entregaronse os premios de Redacción e Debuxo da festa da filloa da MOEXMU.

O noso alumnado participou nesta iniciativa impulsada polas titoras e titores do noso centro.

Presentáronse en varias categorías e o resultado foi espectacular.

Obtiveron dous premios, un na categoría de Narrativa e outra de Debuxo.

Os nosos gañadores foron:

Eva Cabado de 5º de Educación Primaria e Érik Lorigados de 4º de Educación Primaria, a primeira na categoría de narrativa e o segundo na categoría de debuxo.

Noraboa aos gañadores e, sobre todo, a todos e todas as participantes.

Para ver a entrega picade na foto.

Os Ecosistemas

Etiquetas :

Os nenos e nenas de 3º primaria estiveron traballando os diferentes ecosistemas e os compoñentes que o forman. Por iso, propuxémoslles coa axuda das súas familias representar distintos ecosistemas, e esto foi o resultado do seu gran traballo.

 

DÍA DO LIBRO DENDE A AULA DE AUDICIÓN E LINGUAXE

Etiquetas :

Boa tarde!

Adxunto un pequeno resumo das actividades feitas dende a aula de Audición e Linguaxe para celebrar o Día do Libro. 

Agardo que vos guste. 

Podedes velo premendo no enlace.

 

 

Día do libro 2023

Etiquetas :

Durante estas semanas fixemos unha actividade para que os nenos e nenas nos contaran cal é o seu libro favorito e, de paso, poñer en práctica, os profes, todo o aprendido no noso PFPP.

Feliz día do libro a toda a nosa Comunidade educativa!

Concurso de carteis 8M

Con motivo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, o alumnado de 2º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, participou no concurso de deseño de carteis da Consellería de Educación e a Secretaría Xeral de Igualdade. 

 

Premede na imaxe para ver as creacións dos e das nosas artistas. 

 

Día de Rosalía

Etiquetas :

O pasado venres 24 de febreiro celebramos no cole o día de Rosalía. Durante esa semana os nenos e nenas do colexio traballaron diferentes actividades e poemas da escritora galega.

Premede nas imaxes para ver o vídeo resumo ou para escoitar por aulas o poema escollido.

 

     

    

      

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design