#equaliter
Equaliter nace no 2017 coa finalidade de dar protagonismo e voz aos máis pequenos.
Nace coa intención de que todos e todas as nenas e nenos da nosa Comunidade Autónoma berraran un lema común: REXEITAR A VIOLENCIA.
Un ano máis, as expectativas do proxecto superáronse e desde a nosa Comunidade Educativa só podemos dar as grazas. Grazas por ter e por estar rodeados de grandes profesionais e grandes soños postos en erradicar calquera tipo de violencia.
BASTA XA berran as futuras xeracións, só temos que aprender deles.
Equaliter
Abadín, a 6 de novembro de 2018
Estimadas/os compañeiras/os:
Para celebrar o Día contra a violencia de xénero que ten como data, como xa sabedes, o vindeiro 25 de novembro propoñévosmos, desde a dirección do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín xunto con dúas mestras do CEIP Manuel Mato Mizoso de Vilalba e o CEIP Santo Estevo de Parga respectivamente, unha actividade de sensibilización a nivel Autonómico.
A actividade organízase desde a coordinación de tres mestras dos centros anteriormente mencionados coa intención de dar visibilidade ás verbas do noso alumnado máis aló das catro paredes que forman cada un dos nosos centros.
A actividade consiste, como na edición pasada:
-
Co formato de twitter
, facer un mural co hashtag #Equaliter poñendo as mans de cada neno en contra deste tipo de violencia.
-
Feito o mural, gravarase ese mural cunha voz en off dicindo “No CEIP…. Rexeitamos a violencia” (cada colexio co seu nome).
-
Por outra banda (opcional), os maiores do centro, en fila gravarán o slogan deste ano. Por unha banda, da fila sairán as nenas e dando un paso adiante dirán “Loitaremos por vivir sen medo”, posteriormente serán os nenos dando un paso adiante, á mesma altura que as nenas “Nós loitaremos ao voso carón”.
-
Desde o noso centro faremos un vídeo coas distintas pezas dos centros que queiran participar nesta iniciativa.
-
Recordade que o prazo de entrega da actividade será o día 21 para que o podades visualizar no voso centro o vindeiro 23 de novembro.
Para calquera dúbida ou suxerencia podedes mandar un mail ao correo: martapf@edu.xunta.es. Os centros que se animen a participar que o comuniquen para poder enviarlles o paxaro para que compartamos o mesmo logo na actividade.
Desde aquí só darvos as grazas por anticipado e animarvos a participar nesta iniciativa.
Sen máis, enviámosvos un enorme saúdo.
En Abadín, a 6 de novembro de 2018
Marta Paredes Fraiz
Directora do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- seguinte ›
- última »