CURSO 1ºA 1ºB

COÑECENDO BUEU

COÑECENDO BUEU

Estes primeiros días do mes de maio o alumnado de primeiro realizou un ROTEIRO pola beira do río Bispo acompañados do seu profesorado e temén do mestre Arturo, gran coñecedor e admirador de Bueu, ensinounos moitas cousas e tamén a observar a natureza como espazo de aprendizaxe e de lecer. Foi moi divertido ter unha clase así. Premede no imaxe para comprobalo. 

 

GRAZAS PROFE ARTURO!

DÍA DE CHUVIA

DÍA DE CHUVIA

A semana do 12 ao 16 de abril tocoulle ao alumnado de 1º A recoller os datos da caseta meteorolóxica e rexistralos no lugar sinalado. Ademais gustábanos mirar cara o ceo cada mañá para coñecer as nubes e observar se estaban cargadas ou non de chuvia, tanto e así, que na clase un día lle dedicamos a identificar expresións e vocabulario relacionadas con este meteoro. Aquí pódese ver no traballo do alumnado.

 

A SEMENTEIRA DAS LEITUGAS

O martes día 13 de abril na escola todo o alumnado de 1º de primaria  sementou leitugas coa axuda e explicacións de Ramón o conserxe. Agora toca regalas un pouquiño e esperar a que agromen para trasplantalas despois a macetas individuais e coidar cada un da súa. Contando que todas vaian para diante, alá polo mes de xuño poderanse probar as leitugas da horta da Pedra. Premede na imaxe para ver o vídeo da faena da sementeira.

POR CATRO ESQUINIÑAS DE NADA

Estes días estamos estreando a Radio Escolar "A VOZ DA PEDRA" e  para iniciarse nesta faena un grupiño de nenos e nenas de 1ºA contaron de xeito dialogado o conto de Jèrôme Ruillier "Por catro esquiniñas de nada"

Aquí podédelo escoitar!

 

DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL

O 23 de marzo celébrase o DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL e como nós aprendemos nunha METEOESCOLA, celebrámolo con multitude de actividades.

- Aproveitando que a chegada da PRIMAVERA foi uns días antes, falamos do equinoccio e fixemos uns debuxos moi bonitos.

          

- Decoramos a nosa axenda, como é costume nas datas importantes, con meteoros e instrumentos meteorolóxicos.

          

- Fixemos unha portada para a carpeta das fichas do 2º trimestre na que o protagonista era o SOL, polo que previamente aprendemos cousas sobre el.

Preme nesta imaxe para ver como o fixemos

  - Finalmente construímos a nosa RODA DO TEMPO, unha roda na que podemos marcar cada día como está a situación meteorolóxica.

Preme nesta imaxe e verás o proceso

Resultou ser unha data moi interesante, coa que aprendemos moito sobre o tempo!

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe na escola conmemoramos o día de Rosalía con diversas actividades: coñecemos algo da súa vida lendo a súa biografía, escoitamos poemas musicados, recitamos algún e creamos unha rosa de papel decorada na que escribimos a primeira estrofa do poema ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES coa finalidade de regalala e, mesmo, recitarlle o poema a algunha persoa a modo de homenaxe. Aos nenos e nenas de primeiro gustoulles moito, foi unha actividade bonita que quedou reflectida neste vídeo. Premede na imaxe para velo.

ENTROIDO 2021

Durante a semana do 8 ao 12 de febreiro celebramos na escola o Entroido. Aínda que neste ano non fixemos pasarrúas por Bueu sí que puidemos manter a tradición do MANDADIÑO, e así cada día trouxemos unha cousiña distinta.

Outra actividade que fixemos foi aprender os distintos xeitos de celebrar o Entroido en Galicia, da man dos Bolechas. Decoramos cigarróns, pantallas e aprendemos a parte do traxe tradicional do Peliqueiro. Tamén decoramos as libretas e axendas co lema:

CON E SEN ENTROIDO, OS ODS NON DESCOIDO!

Para non perder os costumes de Bueu, aprendemos a canción SON DE BUEU da comparsa bueuense VOU NUN BOU e cantámola a pleno pulmón o venres no patio xunto cos demais compañeiros da escola, mantendo sempre as distancias, claro!

 

30 XANEIRO DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

DÍA DA PAZ NA ESCOLA

Este ano celebramos o día da PAZ na escola elaborando unha morea de mensaxes en prol da axenda internacional 2030 que temos moi presente este curso por ser o proxecto de traballo anual. Ademais cantamos a cantiga "UN VELEIRO VERDE" de María Fumaça dedicada ao coidado e a defensa verde do noso planeta, mesmo a signamos grazas á axuda da nosa intérprete de lingua de signos Rosa Louro. Se premedes na imaxe podédela escoitar.

Tamén fixemos uns barquiños de papel verde simbolizando o desexo de PAZ para o planeta Terra que todos os nenos e nenas levaron para a súa casa coa mensaxe escollida.

Podedes ler as mensaxes de paz escritas e decoradas polo alumnado de 1º.

 

 

 

24 de xaneiro: DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN

Durante a semana do 18 ao 22 de xaneiro, o alumnado de 1º traballou o día Internacional da Educación.

Para iso fixemos diferentes actividades como visionar a película: CAMIÑO Á ESCOLA, ler información e textos sobre MALALA e intentar comprender por que é tan importante o dereito á educación para poder valorar máis o noso traballo na escola.

Simbólicamente decoramos as nosas axendas con debuxos baseados na frase de Malala: "Un neno, un profesor, un libro e unha pluma poden cambiar o mundo. A educación é a única solución"

OBSERVAMOS O TEMPO

Durante o mes de novembro, o alumnado de 1º tivemos a oportunidade de observar o tempo na GARITA METEOROLÓXICA que hai no colexio e rexistrar os datos na corticeira do Bibliocastelo.

Ademais durante todo o trimestre estivemos moi atentos aos cambios de estación que se produciron e tamén aprendemos as cores do ARCO DA VELLA.

Agardamos con ansia que nos volva tocar revisar o tempo na primavera para ver os cambios que se produciron!

Distribuir contido