UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!
UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!
Onte pasámolo mellor que de medo!!!
Celebramos un Samaín plurilingüe; en galego, en castelán e en inglés!!
Xa levabamos días facendo manualidades para decorar o recibidor do cole con cabazas e esqueletes olímpicos, ademais das meigas, pantasmas e outros seres arrepiantes que deambulan polas aulas e os corredores...
Pero a sorpresa de onte foi maiúscula cando descubrimos que nos agardaba unha xornada escolar extraordinaria, UN SAMAÍN DE FESTA RACHADA!!!
Pasamos a mañá de obradoiro en obradoiro!! No Bibliocastelo, XS MOZXS DE 5º E 6º contáronnos uns contos de medo para escachar coa risa; as profe AMI, fíxonos un obradoiro de HALLOWEEN con xogos en inglés, coa profe “MARTES” cantamos, signamos, xogamos e bailamos a canción do Samaín de Uxía Lambona e a Banda Molona e coa profe GELI fixemos unhas marionetas de cartolina con caras de bruxas, vampiros e cabazas chulísimas!!!!
A media mañá, tivemos unha paradiña para merendar nas aulas e para rematar o día, festa rachada con música e baile no patio dxs maioresª!!!
MOITÍSIMAS GRAZAS AXS ALUMNXS de 5º e 6º POLOS SEUS CONTACONTOS!!!
E A TODAS AS PROFES QUE ORGANIZARON PARA NÓS ESTE DÍA XENIAL!!!
FOI UN SAMAÍN ESPECTACULAR!!!
PASÁMOLO DE MEDO!!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS.